Compostela Emociónase

Compostela Emociónase

Próximos obradoiros

Importante: O horario do sábado cambiou. Novo horario de 10:00 a 13:00 horas

¡Compostela emociónase!

 Estos obradoiros teñen cinco obxectivos básicos a acadar, sendo estes:

  1. Identificar as características persoais para mellorar o autoconcepto e a autoestima.
  2. Tomar conciencia das propias emocións e saber identificar que emocións estamos a sentir en cada intre.
  3. Diferenzar entre os compoñentes fisiolóxicos, cognitivos e comportamentais propios das emocións.
  4. Toma de conciencia corporal e sensorial chegando a identificar os sinais fisiolóxicos das emocións.
  5. Identificar os pensamentos negativos que nos perxudican e nos bloquean.
Taller de emocions

4 de outubro

QUEN SON EU?

Taller de emocions

5 de outubro

EMOCIÓN

Taller de emocions

6 de outubro

CORPO

Taller de emocions

7 de outubro

MENTE

Queres participar nos obradoiros?

Estos obradoiros están subvencionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Por iso están dirixidos a xóvenes de entre 18 e 30 anos.

As prazas son limitadas (máximo 25 persoas) polo que é necesario reservar praza.

Todos os talleres son gratuítos en horario de 17:00 a 20:00 (Sábado de 10:00 a 13:00). Podes vir a 1, a 2, ou os que queiras.

Contacta con nós
Obradoiro ||QUEN SON EU?|| - 4 de Outubro

A visión máis profunda que temos de nós mesmos inflúe sobre todas as nosas eleccións e as nosas decisións máis significativas.

Tomar conciencia e aceptarse son alicerces fundamentais para un bo autoconcepto. Valerémonos de diferentes estratexias para darnos conta do noso presente e onde queremos chegar.

 

 

 

Obradoiro ||EMOCIÓN|| - 5 de Outubro

Neste taller daremos forma e cor a sentimentos, emocións e pensamentos. As artes plásticas, como toda expresión non verbal,

favorece a exploración e expresión de aspectos dos que non somos conscientes. Desta forma indagaremos un pouco máis nas nosas necesidades e recursos.

 

 

Obradoiro ||CORPO|| - 6 de Outubro

Neste terceiro taller poñeremos o foco no noso corpo mediante a música e a danza. A través do movemento, do xogo de roles e as

diferentes dinámicas que se irán propoñendo, observaremos e daremos nome ao que nos sucede.

 

 

 

Obradoiro ||MENTE|| - 7 de Outubro

No taller dedicado á mente revisaremos as nosas crenzas limitantes e tentaremos liberarnos delas. Detectalas e cuestionalas será

o primeiro paso para conseguir modificalas. Ademais, mediante un exercicio de multiperspectiva trabajermos aquelo de o mapa non é o territorio.