Quen somos

Quen somos

Oneiras é un grupo multidisciplinar  que nace co obxectivo de potenciar as emocións do ser humano.

Queremos espertar a imaxinación dos participantes, estimular a súa creatividade, para que entre todos creemos unha comunidade de aprendizaxe que fomente a cohesión social.

Que facemos

Traballamos para potenciar e desenvolver as competencias emocionais como elemento esencial do desenvolvemento integral do ser humano aumentando o seu benestar persoal e social.

Como o facemos

Para acadar tal fin faise uso de diversas ferramentas como a comunicación audiovisual e a expresión artística (pintura, escultura, videoarte, baile, etc.) que favorecen a reflexión, a experimentación das propias emocións e o recoñecemento do sentir dos demáis.

Desenvolve a túa conciencia emocional

Adquire un mellor coñecemento das propias emocións, aprende a xestionalas, identifica os pensamento que che limitan, mellora a túa autoestima… Todo isto e moito máis podes aprender nos vindeiros obradoiros.

Infórmate aquí